Thursday 19 de September de 2024

Monseñor Xulián Barrio inaugura o novo local de Cáritas Ordes


Ubicado no casco urbán o novo espazo multifuncional conta con máis de 220 metros cuadrados. As autoridades eclesiásticas destacaron a colaboración prestada na súa labor solidaria polo goberno local de Manuel Regos
Cáritas Ordes conta cun novo espazo multifuncional no Concello de Ordes. Ubicado na rúa Víctor González Faya, en pleno corazón do casco urbán da vila, o baixo propiedade da Igrexa conta con algo máis de 220 metros cuadrados. A súa distribución repártese entre banco de alimentos, oficina, ropeiro, aseo e unha ampla sala multidisciplinar na que se farán xuntanzas e se impartirán cursos de formación, cursillos prematrimoniais, catequesis etc.
Para a súa inauguración o arcebispo de Santiago, Xulián Barrio, desprazouse esta mañá ata Ordes. O primeiro dos encontros cos feligreses e devotos tivo lugar a media mañá na igrexia parroquial de Santa María, onde presidiu a liturxia dominical. A cita foi aproveitada polos ordenses que enchían o templo para manifestarlle ao arcebispo o desexo de que o seu párroco ‘Don Xesús’ permanecese con eles durante todo o tempo posible. Unha ansia que se plasmou a través dun pano bordado a man no que se podía ler “Don Xesús quédate aquí siempre”.
Posteriormente e acompañado dunha comitiva encabezada polo alcalde e a tenente alcalde de Ordes, así como pola directora de Cáritas Ordes o arcebispo auxiliar de Compostela e otros moitos integrantes da organización benéfica, se desprazaron ata o novo local. Respaldando o acto estiveron decenas de veciños e veciñas que explicitamente lle agradeceron o arcebispo a súa presenza nun día tan sinalado.
Tanto na misa como no acto inaugural as autoridades e representantes eclesiásticos recoñeceron abertamente a importante e desinteresada colaboración prestada polo goberno local de Ordes á hora de desempeñar día a día a súa labor solidaria. Un apoio brindado “tanto á hora de realizar transportes e traslados de mercancías co préstamos de vehículos, como co esforzo dos traballadores públicos”.
Pola súa banda Monseñor Xulián Barrio destacou a coordinación que existe en Ordes entre diversos organismos e organizacións “o que pon de manifestó a solidariedade dun pobo, o cal comprende as necesidades dos máis débiles”. Neste punto agradeceu a colaboración tanto dos servizos sociais municipais como de Cruz Vermella Ordes e a de Correos, que cederon todo o mobiliario para as novas instalacións.
O arcebispo definiu este novo espazo como “a casa da caridade”. Un novo lugar “onde se deben ofrecer posibilidades aos máis necesitados e necesitadas e onde os que veñan en busca de axuda deben ser benvidos e sentirse ben acollidos”. Xulián Barrio tamén solicitou que o novo local de Cáritas se convirta “nunha casa de bendición, onde ademais de axudar con bens materiais tamén se ofreza formación para o correcto desenvolvemento e integridade das persoas”.
A labor de axuda que Cáritas Interparroquial leva a cabo en Ordes comezou a súa andaina a finais dos anos 50, constituíndose oficialmente como tal no ano 2007. Actualmente presta axuda a 100 núcleos familiares, cifra que se incrementa puntualmente nalgúns momentos do ano. Entre as axudas que presta está, ademais da de dispensar alimentos, roupa ou material escolar, o pago de recibos de luz, gas ou alugeres. A todo elo hai que engadir a posta en marcha de proxectos pioneiros como ‘A Sementeira’, mediante o cal se cultivan fincas da zona para autoabastecemento de xente sen recursos, á par que se lle ofrece a posibilidade de aprender un novo oficio relacionado coa produción agrícola.